Publicador de contidos

Publicador de contidos

O reto do marrón, posible razón das feces nas piscinas de Friol e Guitiriz

O reto do marrón, posible razón das feces nas piscinas de Friol e Guitiriz

Os excrementos de Guitiriz apareceron o martes, xusto antes de abrir as instalacións e os de Friol, o domingo

Hai que facer un tratamento intensivo de cloro para eliminar as bacterias: "pérdense tres días"

G24.gal 22/07/2026 14:41

Hainos mellor pensados...

"Eu supoño que serían nenos pero os pais deberían ter máis coidado", opina un mozo que é usuario habitual.

E máis desconfiados...

"Os que fan iso son maiores, e fano con todo o coñecemento. Xa pasou algunha vez no País Vasco tamén", sospeita unha veciña que emigrou hai anos alá. 

Guitiriz e Friol, unha piscina que pecha antes de que a outra poida reabrir por excrementos na auga. A casualidade alimenta a sospeita.

"Pasou o ano pasado, por un reto viral dos que saen nas redes. Parece que a xente o pasa ben facendo iso", apunta Luciano García, xerente de Instalacións Deportivas Norte, encargados do mantemento en Friol.

"Escoitei falar diso á xente porque tamén pasou en Friol pero a min ese reto non me parece correcto", engade o mozo.

Coñécese como o reto do marrón. E bo marrón que é, a efectos do tratamento.

"Hai que matar as bacterias e calquera resto que estea en contacto porque ao ser auga poden quedar restos que afecten aos filtros e estenderse na auga. Perdes tres días. Tes que facer unha análise para comprobar que non quedan pseudomona nin escherichias", explica Luciano García.

E marrón tamén para os usuarios, máis aínda en concellos do interior coas temperaturas disparadas e con poucas alternativas de ocio.

"Sen iso quedas sen nada"

"Unha alternativa con estes calores é achegarse á praia ou vir á piscina"

"A min paréceme unha falta de respecto para a xente que imos habitualmente. Hai que coidar as instalacións, que son para aproveitar todos"

Friol reabre hoxe. Guitiriz, tamén. Ambas confiando en non máis retos sen graza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade