Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños da Tolda de Meilán, en Lugo, din que se deixan as rodas no asfalto por culpa das fochas

Os veciños da Tolda de Meilán, en Lugo, din que se deixan as rodas no asfalto por culpa das fochas

Levan meses pedindo o arranxo da pista que comunica varias vivendas e dúas urbanizacións

A Deputación comunicoulles que en breve van iniciar os traballos de recuperación da vía

G24.gal 02/03/2026 14:16

Os veciños da Tolda de Meilán, en Lugo, levan meses reclamando o arranxo da estrada que dá servizo a numerosas vivendas. O firme está tan deteriorado que os vehículos sofren continuamente estragos a pesar das precaucións que toman ao circular por esa estrada.

Non é unha vía principal pero ten moito máis tráfico do que puidera parecer. "Por aquí abaixo hai dúas urbanizacións. Ao mellor pasan 300 coches ao dia. Cando se empezou a levantar o firme podíase arranxar facilmente pero foise deixando e agora está fatal".

Levan case un ano reclamando que arranxen a estrada. "Eu creo que a primeira queixa a puxemos en abril do ano pasado, ou máis".

Quéixanse os veciños de que a pesar de que circulan xa con coidado, máis dun sufriu danos nos vehículos. "É certo que ultimamente pasaban moitos camións que andiveron sacando madeira, e iso tamén estropea o firme. Pero é que iso leva así máis dun ano". "Aí non se pode meter un que quedan as rodas na fochanca. Din que nola van vir arranxar, pero non dan vido".

Pois mentres empezan ou non as agardadas obras de arranxo da estrada, aos veciños non lles queda outra que continuar circulando cos cinco sentidos para evitar as fochancas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade