Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cortan o tráfico na N-120 para esixir a súa reparación integral

Cortan o tráfico na N-120 para esixir a súa reparación integral

 É a principal vía de comunicación dos concellos do sur de Lugo e a comarca ourensá de Valdeorras

Cada día usana máis de 15.000 vehículos e a sucesión de fochancas e a súas dimensións convertena nunha trampa para os condutores
 

G24.gal 28/02/2026 14:56 Última actualización 28/02/2026 15:15

A cita era no campo da Cabanela en Sober. Aqui foron xuntandose cun obxetivo ser escoitados, en xogo está a súa seguridade. Son os veciños que a diario circulan pola N120.

 "Fochancas, hai afundimentos, necesita unha reparación xa", explica Alberto Rodrígue da asociación veciñal Xuntos por Lugo, organizadores da protesta. 

Durante case media hora cortaron o tráfico neste punto onde xa é visible o estado desta estrada que comunica todo o sur da provincia de Lugo e a comarca de Valdeorras.

"Non é un treito en concreto é toda a nacional desde Ponferrada ata Ourense", di unha veciña.
 

Hai rebentóns de rodas a diario, saídas de vía, conducir pola estrada convertese nunha verdadeira carreira de obstáculos. 

"Hai fochancas que teñen 40 centímetros de profundidade", conta un home.

A demanda é de veciños e alcaldes dun lado a outro da estrada. 

 "O rural necesita mobilidade non podemos estar xogándonos a vida", di José Miguel Pérez, alcalde de San Xoán de Río. 

 "A principal vía da Ribeira Sacra non pode estar así, e menos cando estamos a piques de conseguir a declaración de Patrimonio Mundial", asegura o alcalde de Sober, Luis Fernández.

A urxencia da súa reparación xa se levou ao Congreso en varias ocasións. 

"Non podemos seguir así, son anos e anos de abandono que hai que parar", insiste Antonio Ameijide, voceiro provincial do PP

Cada día usan esta estrada máis de 15.000 vehículos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade