Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xa hai data de exame para os máis de 17.000 aspirantes a unha das 2.476 prazas no Sergas

Xa hai data de exame para os máis de 17.000 aspirantes a unha das 2.476 prazas no Sergas

O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria das probas para o 25 e 26 de abril e para o 9 de maio

As prazas ofertadas son de diferentes especialidades de enfermaría e de persoal de servizos xerais (PSX)

G24.gal 14/04/2026 17:28

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición deste martes, o lugar, a data e os horarios das probas selectivas do Servizo Galego de Saúde para acceder ás prazas de diversas especialidades da categoría de enfermería e de persoal de servizos xerais (PSX).

A probas desenvolveranse no Recinto Feiral Internacional de Galicia, en Silleda, durante as xornadas do 25 e do 26 de abril, e do 9 de maio. As convocatorias contan cun total de 17.145 persoas admitidas. Ofértanse un total de 2.476 prazas. Delas, a gran maioría, 1.980 corresponden á categoría de enfermería, outras 260 son para diferentes especialidades. As 236 restantes son as da categoría de persoal de servizos xerais.

As probas darán comezo o sábado, 25 de abril, ás 9.30 horas coa realización dos exames nas categorías de enfermeiro especialista en enfermería obstetricia-xinecoloxía e de especialista en enfermería pediátrica. En horario de tarde, e desde as 16.00 horas, terán lugar as probas de acceso ás especialidades de enfermería familiar e comunitaria e de enfermeira especialista en enfermería do traballo.

Na xornada do domingo, 26 de abril, desde as 16.00 horas están convocados un total de 7.056 aspirantes, correspondentes á categoría de persoal de servizos xerais (PSX).

Durante a seguinte fin de semana, o sábado 9 de maio, o Recinto Feiral Internacional de Galicia acollerá a 8.661 opositores da categoría de enfermería, na que se ofertarán 1.980 prazas.

A Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas lembra que para acceder ao recinto non se realizará o chamamento dos aspirantes. A acreditación para o acceso efectuarase a través de código QR, que o aspirante que deberá levar impreso o día do exame e conservar ata a finalización das probas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade