O Supremo desestima a petición dun avogado para levar o seu can aos xuízos
Non todos os postos de traballo ofrecen unha contorna adecuada para mascotas
Unha sede xudicial non é un lugar adecuado para ir cos animais de compañía, segundo unha sentenza do Alto Tribunal
Din os que están a favor que ter a carón de ti a túa mascota mentres traballas crea unha contorna favorable, mellora a produtividade e reduce o estrés.
"Eu non comparto a idea".
"Se o can está ben educado, non hai ningún problema".
"Se vas traballar, vas traballar, non vas estar co can".
"Tampouco creo que sexa bo para o animal estar pechado nun recuncho para que non moleste, non non me parece".
"Como di Sabina, non sei se o mundo está ao revés ou son eu quen vivo cabeza abaixo, porque os vellos para as residencias, os nenos para as garderías e os cans para as camas ou para as oficinas?".
As oficinas pet friendly están cada vez máis en auxe. Pero non todas as contornas laborais se prestan. A esa conclusión chegou o Tribunal Supremo, quen desestimou a petición dun avogado de Pontevedra que quería acudir co seu caniche á sede xudicial.
"Poñámonos nun escenario dun xuízo penal, por exemplo, onde sempre se respira certa tensión porque os cidadáns están xogando moitas cousas non? O feito de que haxa un animal de compañía, un can, un gato, pode digamos desviar a atención cara ao propio animal, cara ao comportamento do propio animal e mesmo crear un clima de tensión que xa por si mesmo existe nunha sala de vistas non?", explica o avogado Evaristo Nogueira.