A eclipse total pode modificar os hábitos e a conduta de moitos animais
Sábese que algunhas especies cambian o comportamento e interrompen a súa actividade diúrna
A comunidade científica aproveitará o fenómeno do 12 de agosto para recoller datos sobre os efectos
A eclipse total do 12 de agosto será unha boa ocasión para que a comunidade científica teña máis datos sobre como lles afecta este fenómeno aos animais. Sábese que algunhas especies adoptan hábitos nocturnos, mentres que outras amosan sinais de medo.
A comunidade científica explica que moitas especies reaccionan con confusión ante a escuridade súpeta provocada por unha eclipse total de sol. Como explica a veterinaria Xiana Costas, os cans e os gatos poden asustarse pola alteración inesperada do seu horario.
Sábese por eclipses anteriores noutros lugares que algunhas especies cambian a súa conduta e interrompen a súa actividade diúrna. Por exemplo, animais de granxa como as vacas volven á corte a medida que empeza a escurecer.
Segundo Xiana Costas, tamén as aves e os paxaros regresan antes aos seus niños.
A eclipse total de sol do vindeiro 12 de agosto será unha boa oportunidade para que a comunidade cietífica recolla mais datos sobre como inflúe este fenómeno no comportamento animal.