Publicador de contidos

Publicador de contidos

Espectacular rescate dun gato empoleirado nun carballo

Espectacular rescate dun gato empoleirado nun carballo

Capturouno unha empresa de poda en altura, que tivo que cortar a póla dun carballo e recoller o gato nunha lona

G24.gal 10/03/2026 21:34

Espectacular rescate dun gato do alto dun carballo na localidade de Moaña. Logo de varios intentos, o gato foi rescatado por unha empresa de Cuntis especialista en podas en altura, que usou un arnés, calzado especial para gabear polas árbores e mesmo unha lona para que o animal caese sen esnafrarse.

Hércules, así decidíu chamalo Olga García; a muller que o atopou asustado enganchado nunha póla dun carballo de máis de dez metros de altura. Olga pasou varios días en alerta vendo como o gato non era quen de baixar. Moveu ceo e terra para que alguén lle fixese caso, pero non o conseguiu ata que unha empresa de Cuntis se achegou ata a súa casa rural da Fraga, en Moaña.

Arboricultura Gaia mandou varios operarios. Un deles escalou pola árbore, gabeando e  podou varias pólas ata que conseguíu chegar ata o gato. Cortou a póla en que estaba e recollérono cunha lona para que non se ferise.

O gato fuxiu axiña, pero anda pola zona, xa que Olga viuno de lonxe e está segura de que foi el quen lle guindou unha toupiña no felpudo como xesto de agradecemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar