Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan un cativo de tres anos tras caer nun pozo de dezaseis metros en Toledo

Rescatan un cativo de tres anos tras caer nun pozo de dezaseis metros en Toledo

Os bombeiros tiveron que realizar un operativo complexo para chegar ata o neno

O cativo foi trasladado en ambulancia medicalizada ata un centro hospitalario

G24.gal 19/04/2026 21:16 Última actualización 19/04/2026 21:36

Os bombeiros de Toledo conseguiron rescatar un cativo de tres anos que caeu ao mediodía por un pozo duns dezaseis metros de profundidade. O suceso aconteceu nunha infraestrutura soterrada na localidade toledana de Turleque.

"Atopamos a tapa aberta e xa viamos que o acceso ao pozo ía ser complicado polas dimensións. Era unha tapa de trinta por trinta centímetros. A nai estaba dentro. Había unha estrutura debaixo que lle permitiu estar aí pendente do seu fillo", comenta o xefe do operativo.

Dous bombeiros conseguiron chegar ata o rapaz nunha operación complicada e conseguir extraelo do paso angosto. Foi trasladado nunha ambulancia medicalizada ao Hospital Universitario de Toledo. 

"Fíxose a transferencia aos medios sanitarios e estívérono valorando. A primeira vista o neno semellaba estar ben", confirma o integrante do rescate.

Os momentos de anguria vividos no operativo trouxeron ao presente o caso do neno Julen, que se precipitou a un pozo en Málaga en 2019. Durante trece días todo o país estivo en vilo co rescate deste cativo de dous anos, que caeu por un estreito paso de máis de cen metros de profundidade.

Malia os inxentes esforzos por recuperalo coa escavación mesmo dunha galería paralela, os técnicos só puideron recobrar o corpo do neno xa sen vida.

Desta vez en Toledo, sete anos despois, o suceso tivo un final máis afortunado.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade