Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xornada de verán en Ourense con máximas por riba dos 30 graos

Xornada de verán en Ourense con máximas por riba dos 30 graos

Varios concellos da provincia ourensá acadaron os valores máis altos de Galicia 

G24.gal 19/04/2026 21:33

Se son dos que despois dun inverno coa chuvia como protagonista, estaban desexando que chegara o sol e as altas temperaturas están de sorte. A deste domingo en Ourense por exemplo, foi unha xornada case de verán.

"É unha marabilla, despois de tanto frío, tanta chuvia, esto é un dez."

"Chegou ben de auga. É un gusto erguerse pola mañá e ver este ceo azul é unha pasada.

En Ourense o sol comezou aquecer xa de mañá. De novo os termómetros prometían acadar valores máis propios de xullo ou agosto que da primavera.

"Hoxe xa fixo que manga corta xa todo o día, claro."

"Qué horror, demasiada calor eu xa non a soporto."

Certo que non foi o día dos amantes do entretempo: 30 graos e medio marcaron os termómetros na cidade das Burgas a primeira hora da tarde. Roldaron os 30 na Arnoia e Leiro. E en Valdeorras tiveron tamén unha xornada moi calorosa, cumpríu unha boa sombra: chegaron os 29 graos en Vilamartín. Foron as temperaturas máis altas de Galicia.

"De calquera xeito é que ven todo moi xunto, e agora de repente o mellor dentro de tres días volvemos poñer o abrigo."

"Fomos o río, bañámonos, estivemos nas termas tamén un rato e agora ir tomar un xeado."

"Un domingo fantástico en Ourense: vir as termas, tomar un baño, dar un paseo, ir agora a unha terraza a tomar unha cerveza. A chaqueta aquí."

Pois semella que a calor e esta especie de verán adiantado, van quedar aínda un par de días en Ourense con máximas que seguirán roldando os 30 graos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade