Rescatan unha octoxenaria con síntomas de hipotermia tras caer ao río
A muller pasou máis de media hora na auga sen posibilidade de saír porque nese momento non habia ningúen polo paseo
Foi evacuada ao PAC desde onde a derivaron ao HULA, non ten feridas e encóntrase ben
Paseaba co can e, ao facer o xesto de coller unha flor, perdeu o equilibro e caeu á auga. Foi neste paseo do barrio das Insuas, a carón do río Celeiro. O terreo estaba esvaradío, pola caída brusca de temperaturas destes días.
"Non hai protección e se te arrimas claro podes caer, e por riba unha persoa maior, pode fallarlle a perna", di un home.
A mala sorte foi que, como ía frío, o paseo a esa hora estaba baleiro, polo que a muller pasou máis de media hora na auga sen posibilidade de saír. Cando a rescataron os bombeiros tiña síntomas de hipotermia.
"Si que é unha zona moi concurrida", asegura un veciño.
Encontrouna un mozo que estaba a correr pola zona e escoitou os berros da muller pedindo axuda.
"Que caeu e chamou a un rapaz que ía correndo, ela pedía auxilio", explica un home.
A muller foi trasladada ao PAC e logo derivárona ao HULA para sometela a un recoñecemento completo, aínda que non tiña feridas e aparentemente estaba ben. O Concello fíxose cargo do can.