Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prohibido bicarse

Prohibido bicarse

No Día Internacional do Bico lembramos que hai culturas que penalizan as mostras públicas de afecto

Bicarse en público está prohibido ou mal visto en moitos países conservadores
G24.gal 13/04/2026 15:15

O bico é unha das máis grandes manifestacións de afecto, pero non todas as culturas o consideran igual. Bicarse na rúa está prohibido en moitos países, sobre todo árabes, algo que debemos ter en conta á hora de viaxar.

"Algunha vez chamáronos a atención no caso de Xordania e entón ao final nós creo que temos a tendencia a adaptarnos ao lugar ao que imos e esas mostras de cariño non facelas en exterior, máis ben na intimidade para non ofender a ninguén", comenta unha rapaza

En Occidente resultan chocantes estas normas tan estritas.

"Porque un bico debería ser libre para todo o mundo e con quen quixeras", apunta outra.

Aquí somos máis dados ás mostras de afecto en público. Pero non sempre foi así. Durante o franquismo estaban socialmente estigmatizadas e en moitos casos reprimidas polas autoridades.

 "Cando eramos novos víase moi mal poñerte a bicarte e a 'morrear' diante da xente, entón tiñas que agocharte", lembra unha señora.

En Francia e en Londres, prohibíronse nas estacións de tren para axilizar o tránsito dos pasaxeiros que se eternizaban en longas despedidas. E hai outra prohibición, esa témola todos na memoria.

 "Xa estivo case prohibido cando foi da pandemia xa non se podía bicar nin sequera a un familiar, así que xa sabemos o que é" ​​​​, conclúe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade