Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan un motorista temerario que fuxiu dun control policial en Vilagarcía

Buscan un motorista temerario que fuxiu dun control policial en Vilagarcía

Cunha arriscada manobra evasiva esquivou dous axentes e un coche policial que intentaban darlle o alto

Circulaba coas placas da matrícula manipuladas

Un coche baixa polos chanzos do adro da igrexa do Carril e ten que pedir un guindastre para retiralo

Imaxe do momento en que o motorista salta o control
G24.gal 13/04/2026 14:36

A Policía Local de Vilagarcía trata de localizar o piloto dunha motocicleta que fuxiu logo de que os axentes intentaran darlle o alto. Circulaba coas matrículas falsificadas.

Así esquivou o motorista o dispositivo que estableceu a Policía Local para darlle o alto. Dous axentes a pé e un coche patrulla perseguían o piloto a toda velocidade pola avenida da Mariña. A manobra evasiva tivo perigo, non só para o propio motorista, senón tamén para os axentes.

"Había dous axentes alí de pé agardándoo, pero menos mal que os esquivou, porque se non podía facerlles dano, aos policías sobre todo. A manobra que fixo foi arriscada, puido caer e levaba por diante aos policías", relata unha testemuña da persecución.

"Viñan dous a pé e un coche por detrás a toda velocidade. E a moto non parou, seguiu a todo correr. Non paraba e a policía foi detrás del por toda a avenida, que é unha rúa longa. A verdade é que foi bastante espectacular, sí, parecía unha película", comenta outra testemuña, traballadora dunha cafetería situada na avenida da Mariña.

A fuga continuou polo barrio dos Duráns, ata que se lle perdeu o rastro.

"Escapou, pero a onde ía non sei, o certo é que andaron toda a tarde buscándoo, pero non o atoparon", di a primeira testemuña.

"A policía ía detrás del, tamén a moita velocidade. A verdade é que asustou moito a xente, porque ían moi rápido e foi bastante perigoso", engade a segunda testemuña.

A motocicleta tiña a matrícula manipulada, co fin de eludir os controis de tráfico. A Policía Local, en colaboración coa DXT, trata de identificar o infractor. Impútaselle un delito contra a seguridade viaria e outro de falsificación documental.

Non moi lonxe de alí, noutra intervención, desta volta no Carril, outro condutor, neste caso por descoido, meteu o coche diante da igrexa ao baixar polos tres chanzos de desnivel entre a rúa e o adro do templo. Tivo que pedir a axuda dun guindastre para poder retiralo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade