Publicador de contidos

Publicador de contidos

A ampliación da potabilizadora de Padrón garante o abastecemento a 90.000 veciños

A ampliación da potabilizadora de Padrón garante o abastecemento a 90.000 veciños

As novas intalacións darán servizo a 10 concellos 

Alfonso Rueda lembra que a auga é un ben escaso e que cada vez é máis necesario destinar recursos a garantila con calidade

 

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda (c), visita as obras de ampliación executadas na ETAP de Padrón, este martes. (EFE/Lavandeira jr)
G24.gal 15/09/2026 19:46

Os veciños de Padrón e a súa contorna así como os dos concellos da marxe dereita da ría de Arousa verán mellorado o abastecemento da auga grazas á  ampliación da planta de tratamento. Se fose necesario as instalacións poderían dar servizo tamén a Vilagarcía de Arousa. Están preparadas para atender unha poboación de 90.000 persoas, cun horizonte de garantía fixado no ano 2044.

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, di que "cando abres a billa e non sae auga é a primeira alarma e se abres e non podes beber é a segunda alarma. Polo tanto temos que procurar que haxa auga e sexa de calidade"

O goberno galego investiu máis de 10 millóns de euros na ampliación destas instalacións que agora son máis eficientes e máis sostibles.

"Cada vez máis hai que priorizar recursos para que un ben tan fundamental como a auga estea garantido con enorme calidade", afirma Rueda. 

O presidente da Xunta puxo en valor unha actuación conxunta para varios concellos xa que en cuestións deste calado “hai que unirse”, apostando por estas alianzas onde os concellos confían en Augas de Galicia para que isto sexa unha realidade.

Os traballos permiten dar resposta ás necesidades de abastecemento de Padrón, Pontecesures, Dodro, Valga, Catoira, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.

Con esta actuación, a planta pasa de tratar 450 a 630 litros por segundo, o que supón un incremento do 40% na súa capacidade.

Ademais, esta intervención inclúe un salto cualitativo na protección ambiental do río Ulla e da propia ría de Arousa, coa incorporación dunha nova liña de tratamento de lodos, que ata o de agora non existían e a implantación dun sistema de recuperación e reutilización da auga de lavado dos filtros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade