Rescatan un iate no Grove que embarrancou fronte ao paseo marítimo
Foi necesario o seu remolque ata o porto
Imaxe do rescate (Gardacostas de Galicia)
Un equipo de Gardacostas de Galicia auxiliou de urxencia a un iate que embarrancou fronte ao paseo marítimo do Grove na noite do sábado. Foi necesario o seu remolque ata o porto.
A esta embarcación de 10 metros de eslora soltóuselle o fondeo polo forte vento, segundo publica este servizo marítimo adscrito á Consellería do Mar nas súas redes sociais.
Auxiliamos de urxencia un iate de 10 m de eslora que embarrancou fronte ao paseo marítimo do Grove tras soltárselle o fondeo polo forte vento.
— Gardacostas Galicia (@GardacostasGal) April 11, 2026
Foi asistido pola auxiliar de rescate rápido do Ría de Vigo e unha vez entregado ao seu responsable escoltamos o remolque ata o porto pic.twitter.com/NPmsUhegKi
O iate foi asistido pola lancha auxiliar de rescate rápido do buque de salvamento Ría de Vigo. Unha vez entregado ao seu responsable, o persoal de Gardacostas escoltou o remolque ata o porto.