Publicador de contidos

Publicador de contidos

Renfe suprime nove servizos no eixo atlántico pola ausencia de maquinistas

Renfe suprime nove servizos no eixo atlántico pola ausencia de maquinistas

Asegura que este luns faltan catro traballadores con base en Vigo de xeito simultáneo e sen "previo aviso"

A compañía organizou un plan alternativo de transporte por estrada para asegurar a mobilidade

 

G24.gal 19/04/2026 22:28 Última actualización 19/04/2026 22:52

Renfe comunicou que debido á "ausencia simultánea" e sen "aviso previo" de catro maquinistas con base en Vigo, viuse obrigada a suprimir nove servizos ferroviarios previstos para este luns, 20 de abril, en Galicia.

Segundo explica a compañía, "a non dispoñibilidade destes traballadores, unida á falta de aviso previo" deixou sen cubrir os servizos suprimidos, "malia os intentos" de Renfe por recolocar persoal.

A compañía organizou un plan alternativo de transporte por estrada para asegurar a mobilidade e reforzar a atención nas estacións. O afectado é o eixo atlántico (Vigo-Santiago-A Coruña), con maior impacto nas primeiras horas da mañá.

Trens afectados

Os trens afectados son os que tiñan previsto saír de Vigo cara a Coruña ás 5:08, 8:00 e 10:35; o Vigo-Santiago das 17:16; e os que ían circular en sentido oposto, da Coruña a Vigo, ás 8:00, 11:06 e 14:05 horas.

Tampouco operará o Santiago-Vilagarcía das 19:10 horas e o convoi que tiña previsto o traxecto de volta ás 20:35 horas.

Renfe lamenta as molestias e asegura que traballa para recuperar a normalidade do servizo no menor tempo posible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade