Publicador de contidos

Publicador de contidos

Renfe aumentará as prazas e introducirá novas frecuencias no Eixo Atlántico

Renfe aumentará as prazas e introducirá novas frecuencias no Eixo Atlántico

Anuncia un reforzo dos servizos de media distancia e un aumento da oferta nun 24 % 

O presidente da operadora visita Galicia e mantén reunións de traballo co delegado do Goberno

Arquivo Arquivo
G24.gal 17/04/2026 11:51

Renfe estuda un plan de mellora para a mobilidade dos usuarios recorrentes en Galicia que prevé o reforzo dos servizos de media distancia no Eixo Atlántico, entre Vigo, Santiago e A Coruña, mediante un incremento da capacidade ofertada do 24 %.

Anúnciao este venres, coincidindo coa reunión en Santiago entre o delegado do Goberno, Pedro Blanco, e o presidente da operadora ferroviaria, Álvaro Fernández, para analizar este "novo plan".

A empresa indica que quere mellorar a oferta dos trens no Eixo Atlántico para adaptalos "á demanda actual e ás necesidades da poboación".

"Estas actuacións permitirán optimizar a oferta dispoñible e absorber de forma máis eficiente os incrementos de demanda nos tramos e franxas horarias de maior ocupación", afirma.

O que denomina Plan Galicia "contempla a posibilidade de incorporar novos servizos en horas punta, especialmente pola mañá e pola tarde-noite, mellorando a dispoñibilidade para viaxantes habituais, laborais e estudantes".

Estas medidas están orientadas, segundo sinala, a mellorar "a adecuación entre oferta e demanda" nos desprazamentos recorrentes de carácter laboral e académico, "reforzando a regularidade e a capacidade do servizo nos momentos de maior presión de tráfico".

Máis prazas no Avant Ourense-Santiago-A Coruña

Renfe prevé tamén aumentar o número de prazas dos trens Avant Ourense-Santiago-A Coruña "mediante o aproveitamento de prazas sinerxiadas en trens AVE, Alvia ou Avlo", o que estima que permitirá alcanzar un incremento do 6 % nas prazas diarias ofertadas. Estes cambios implicarán "necesariamente algúns axustes horarios para optimizar o servizo", advirte.

Segundo salienta, "o Plan Galicia busca potenciar os horarios de maior demanda do servizo, para dar resposta á mobilidade dos viaxantes en horas/días punta, así como de axustar con novas frecuencias aquelas horas do día onde se prevén incrementos de demanda".

Na actualidade o plan atópase en fase de estudo, co obxectivo da súa implantación antes de final de ano, segundo Renfe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade