Publicador de contidos

Publicador de contidos

Renfe levará en bus aos viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo entre o 22 e 26 de abril

Renfe levará en bus aos viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo entre o 22 e 26 de abril

A causa son uns traballos de mellora que Adif realizará na infraestrutura entre Monforte de Lemos e Lugo, "incompatibles coa circulación ferroviaria"

En total serán 40 os servizos afectados por estes traballos 

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 09/04/2026 15:23

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22 ao 26 de abril de 2026 con motivo dos traballos de mellora que Adif vai executar na infraestrutura entre Monforte de Lemos e Lugo, "incompatibles coa circulación ferroviaria", segundo informou a compañía.

Estas actuacións requiren a modificación dos servizos de media distancia que realizan os traxectos entre Ourense-Monforte de Lemos-Lugo-A Coruña, así como o Alvia que conecta Lugo e Madrid, en ambos os sentidos.

A compañía garantirá a mobilidade dos viaxantes mediante autobuses para os 40 servizos afectados durante o período dos traballos.

Poderán facerse cambios e anulacións sen custo para os usuarios 

Renfe activou cambios e anulacións sen custo para os viaxeiros dos servizos afectados e lembra que nos traxectos por estrada non están permitidos os animais de compañía.

Os billetes e toda a información están dispoñibles nas canles habituais de Renfe: despachos de billetes, máquinas autoventa, App Renfe, no teléfono 912 320 320 e en www.renfe.com

Os servizos afectados de media distancia son:

MD 12644 A Coruña (7:05 h)-Ourense (10:49 h). Transbordo por estrada entre Rábade e Ourense.

MD12641 Monforte de Lemos (7:30 h)-A Coruña (10:13 h). Transbordo por estrada entre Monforte de Lemos e Rábade.

MD 12642 A coruña (19:35 h)-Monforte de Lemos (22:26 h). Transbordo por estrada entre Rábade e Monforte de Lemos.

MD12646 Ourense (19:50 h)-A Coruña (23:31 h). Transbordo por estrada entre Ourense e Rábade.

MD 12694 Ourense (12:32 h)-Lugo (14:12 h). Transbordo por estrada entre Ourense e Lugo.

MD12696 Lugo (14:41 h)-Ourense (16:15 h). Transbordo por estrada entre Lugo e Ourense.

Os servizos afectados de longa distancia son:

Alvia 4325 Madrid (13:20 h)-Lugo (17:58 h). Transbordo por estrada entre Monforte de Lemos, Sarria e Lugo.

Alvia 4114 Lugo (11:15 h)-Madrid (16:00 h).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade