O xuízo pola Primitiva millonaria da Coruña encara a súa recta final
Está previsto que este luns declaren os dous acusados, Manuel e Miguel Reija
Aínda teñen que declarar varios membros de Loterías do Estado. Despois será o momento de escoitar o que teñen que dicir ou que calar os acusados, porque os dous irmáns poderían acollerse ao seu dereito a non testificar ou limitarse a respostar unicamente as preguntas dos seus avogados.
Manuel Reija mantivo sempre que atopou a primitiva no mostrador do seu despacho, pero para os investigadores os movementos da terminal de apostas demostraron que minte.
Afirmaron no xuízo que o loteiro actuou de mala fe e que o gañador dos 4,7 millóns de euros estaba alí cando comprobou o billete. Cren que o seu irmán Miguel, daquela delegado provincial de loterías, o axudou para intentar quedar co premio.
Durante as primeiras sesións puidemos escoitar tamén a titular da administración de Carrefour que selou a primitiva millonaria, extrañada porque ninguén chegou a solicitar as gravacións da cámara de seguridade do centro comercial cando se soubo do boleto extraviado.
Varios exdirectivos de Loterías cualificaron de honesta a actuación dos acusados, apoiando o testemuño da súa irmá, Belén Reija, que defendeu a inocencia de ambos.
Máis de 300 persoas chegaron a reclamar o premio da primitiva. Dúas familias personáronse no xuízo como acusación particular. Catorce anos depois o desenlace desta caso tan mediático e complexo está moi preto. Os irmáns Reija enfrótanse a unha pena de seis anos de prisión.