Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Fiscalía pide 7 anos de cadea para o acusado de agredir sexualmente un home no Barco de Valdeorras

A Fiscalía pide 7 anos de cadea para o acusado de agredir sexualmente un home no Barco de Valdeorras

O inculpado nega os feitos e asegura que o denunciante lle ofrecía marihuana a cambio de manter relacións sexuais

Ambos tiñan unha relación de amizade e mantiveran anteriomente relacións sexuais consentidas

G24.gal 23/06/2026 13:51

Na Audiencia Provincial de Ourense xulgaron este martes un presunto caso de agresión sexual rexistrado no Barco de Valdeorras. O prexudicado e o inculpado mantiñan con anterioridade unha relación de amizade e mantiñan "esporadicamente" relacións sexuais consentidas.

Na vista, o inculpado negou os feitos e alega que o denunciante lle ofrecía marihuana a cambio de manter relacións sexuais. A vítima admitiu que lle ofrecía diñeiro a cambio de manter relacións sexuais.

Con todo, relatou que, o día dos feitos o agresor pediulle que acudira ao seu domicilio e, tras obrigalo a facerlle unha felación, acabou agrendíndoo sexualmente. Unha vez abandonou o domicilio, a vítima chamou a unha amiga, que o acompañou a un centro sanitario.

O denunciado sinalou que as relacións sexuais mantidas entre ambos "eran sempre consentidas" e manifestou que era "consumidor habitual de marihuana" e que a vítima lle ofrecía droga a cambio de relacións sexuais.

No xuízo declararon como testemuñas, un axente da Garda Civil e dous peritos. A Fiscalía atribúe ao inculpado un delito de agresión sexual. Pide para el sete anos de prisión e o pago dunha indemnización de 10.000 euros por danos morais, alegando que "non existiu en ningún momento consentimento da vítima". A acusación particular solicita que a indemnización sexa de 12.000 euros.

A defensa do acusado pide a súa absolución, ao considerar que "non quedaron acreditados" os feitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade