Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatan dous mozos que arrastrou a corrente na praia de Santa Cristina, en Oleiros

Rescatan dous mozos que arrastrou a corrente na praia de Santa Cristina, en Oleiros

Un mozo lanzouse á auga para intentar recuper unha pelota e foi arrastrado pola corrente, polo que o seu compañeiro tamén se tirou para intentar rescatalo 

Un particular cunha lancha sacounos da auga con síntomas de hipotermia

Os dous mozos botáranse á auga para recuperar unha pelota e a corrente arrastrounos
G24.gal 20/04/2026 13:44

Unha tranquila tarde de praia case remata en traxedia neste areal de Santa Cristina en Oleiros. Dous mozos xogaban cunha pelota no treito final do areal onde comeza a ría do Burgo. A pelota caeu na auga e un deles lanzouse para intentar recuperala. A corrente arrastrouno e non conseguía saír, polo que o compañeiro tamén se tirou para intentar rescatalo.

Outros bañistas alertaron da situación e avisaron os bombeiros da Coruña, pero non chegaron a actuar porque un particular nunha lancha logrou sacalos a ambos os dous xa con síntomas de hipotermia.

Un deles foi trasladado ao hospital. Afortunadamente quedou nun susto pero os veciños de Oleiros aseguran que non é a primeira vez que sucede algo así. Din que é habitual que bañistas que non coñecen a praia se meten na auga sen saber do risco desta zona polas correntes.

O mozo ingresado onte no CHUAC xa foi dado de alta na noite do domingo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade