Cargando resultados...
Aparece en Cariño unha cría de lobo mariño
Estaba pescando e nadando na zona do porto
G24.gal
10/03/2026 20:10
Unha cría de lobo mariño animou esta fin de semana a vida no porto de Cariño. A foca gris estivo nadando na zona do porto.
Crese que a cría terá uns seis meses e o seu comportamento é o habitual dunha foca que alterna a pesca co descanso.
En Galicia non hai colonias de lobos mariños pero tódolos anos se ven exemplares procedentes de Irlanda, Inglaterra e Francia.