Cargando resultados...
Zara vai camiño de converterse na marca máis valiosa do mundo
Arrebataralle o podio a Nike se segue o ritmo de vendas neste 2026
G24.gal
14/04/2026 14:50
Última actualización 14/04/2026 15:36
Zara é a marca que máis medrou en vendas nos últimos cinco anos, cun incremento dun 43 %. Bateu a Adidas en 2022 e a distancia con Nike reduciuse en máis de 2.000 millóns de euros.
A presidenta de Inditex, Marta Ortega, explicou que continúa coa mirada posta no futuro e que queren medrar non só en tamaño, tamén en relevacia. De seguir a evolución actual, Zara rematará este 2026 como a marca máis vendida no planeta.
Cos clientes sempre no punto de mira, Zara busca referentes no mundo do deporte. Faino vestindo os líderes da volta ciclista O Gran Camiño, e tamén en acontecementos deportivos de relevancia mundial, como final da Superbowl.