Cargando resultados...
A colección de Bad Bunny para Zara causa furor
Hai produtos esgotados online e nas tendas
G24.gal
21/05/2026 20:58
Este xoves chegou ás tendas a colección de roupa de Bad Bunny para Zara, e a xulgar polas vendas, con grande éxito. Moitos dos produtos xa se esgotaron online.
Roupa de estilo urbano e de clara influencia latina, bermudas, camisas de cadros, camisetas de todas as cores e incluso algunha peza de xastrería completan a colección.
Aínda que o máis demandado semellan ser as gorras bordadas co B e o A de Benito Antonio. Prendas de moda que son tamén pezas de coleccionista para os seguidores do artista portorriqueño.
A posta á venda da colección coincide coa presenza de Bad Bunny en España, onde vai iniciar unha xira de concertos.