Sanidade cifra en case 190.000 as consultas suspendidas desde decembro polos paros
Antonio Gómez Caamaño avanza que vai convocar os representantes do sindicato médico O'Mega co obxectivo de tentar terminar coa folga indefinida na Atención Primaria galega
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, avanzou este martes que a Xunta volverá convocar a representantes do sindicato médico O'Mega co obxectivo de tentar terminar coa folga indefinida que esta organización mantén na atención primaria galega desde o pasado luns 2 de marzo.
Así o trasladou Gómez Caamaño tras reunirse esta mañá en Santiago de Compostela con responsables das distintas áreas sanitarias para avaliar o impacto deste paro e do que os facultativos deste sindicato manteñen en Galicia contra a reforma do estatuto marco exposta polo Goberno central.
En declaracións aos medios, o conselleiro declarouse "optimista" para que se poida solucionar esta situación, xa que entende que "moitas" das demandas deste colectivo "están xa resoltas ou están en vías de resolución"; algo que non comparten en O'Mega.
En calquera caso, manifestou que espera que os interlocutores do sindicato acudan á futura reunión, con data por determinar, "cun espírito realmente crítico" para negociar desde o "respecto" e co "compromiso mutuo de chegar a un acordo".
Así, solicitou que, "como mostra de boa vontade", os traballadores médicos encerrados no centro Olimpia Valencia de Vigo abandonen esta medida de protesta.
Con todo, desde O'Mega, o presidente da organización, Manuel Rodríguez Piñeiro, trasladou que "non está na man" do sindicato que se tome esta decisión; xa que participan neste peche profesionais deste e doutros colectivos por iniciativa propia.
Remarcou que o texto presentado á Consellería é "o mesmo documento" que lles foi entregado en novembro, con idénticas demandas, e ha replicado que "non hai nada operativo neste momento"; máis aló da extinción da figura de facultativos especialistas en atención primaria e avances na homologación dos MIR.
Así pois, botou en falta que se atendan reclamacións como a limitación das axendas médicas, a creación dunha xornada específica para os puntos de atención continuada, a equiparación retributiva entre categorías profesionais da primaria ou a voluntariedade das quendas de sábado.
Nna protesta contra o Estatuto Marco proposto polo Goberno. Demandan "un estatuto propio para médicos e facultativos, porque se temos condicións diferentes ao resto de profesionais, que remos un estatuto marco propio", segundo explica Belén Carnero, delegada de Omega en Lugo.
A ministra insiste en que o estatuto foi acordado cos principais sindicatos. Mónica García destacou que "un convocante da folga dixo que o problema da folga non é da ministra, senon do Goberno de Pedro Sánchez. Eu non fago unha atribución política, repito o que din os convocantes". Con todo, os sindicatos rexeitan que sexa unha folga política.
O impacto das dúas folgas activas esta semana na sanidade galega causou, segundo os cálculos do Executivo autonómico, o aprazamento diario de miles de consultas, cirurxías e probas diagnósticas.
No día de onte, indicou o conselleiro, foron suspendidas preto de 4.500 consultas; o que eleva o total de actos médicos suspendidos en folgas desde as primeiras mobilizacións do mes de decembro de 2025 a 188.645.
"O impacto é importante, tanto en Atención Primaria como en atención hospitalaria", recoñeceu Gómez Caamaño, que estimou que os niveis de participación nas protestas son similares aos de xornadas previas.