Publicador de contidos

Publicador de contidos

Amparo Moraleda, primeira presidenta española do consello de administración de Airbus

Amparo Moraleda, primeira presidenta española do consello de administración de Airbus

Integrante do órgano da multinacional desde o ano 2015, asegura que o seu compromiso cos accionistas e coa compañía "é total"

Amparo Moraleda. Jose Irún. Caixabank Amparo Moraleda. Jose Irún. Caixabank
G24.gal 14/04/2026 20:16

Amparo Moraleda foi elixida este martes nova presidenta do consello de administración de Airbus, converténdose na primeira persoa española en presidir a compañía eaeronática.

Moraleda, integrante do consello de Airbus desde o ano 2015, vai suceder na presidencia a René Obermann, quen comunicou ao órgano a súa decisión de non presentarse á reelección como conselleiro na xunta xeneral de acccionistas de 2027, data na que rematará o seu actual mandato, e deixará o seu cargo como presidente o 1 de outubro vindeiro.

A que será nova presidenta da multinacional a partir de outubro manifestou que o seu compromiso coa empresa e os seus accionistas "é total".

"Traballarei en estreita colaboración cos meus compañeiros do consello e o equipo directivo para garantir que Airbus estea ben preparada para afrontar os numerosos retos e oportunidades derivados dos rápidos cambios na nosa contorna global", declarou.

Amparo Moraleda, expresidenta de IBM España e exvicepresidenta de CaixaBank, tamén formou parte dos consellos de administración de empresas como Solvay, Vodafone Group e a danesa Maersk.

Renovación de mandatos e novos nomeamentos 

O xunta xeneral de accionistas de Airbus, celebrada este martes en Amsterdam, aprobou todas as resolucións propostas. Entre elas, a renovación dos mandatos dos membros non executivos do consello de administración Mark Dunkerley, Stephan Gemkow e Antony Wood por un período de tres anos.

Henriette Hallberg Thygesen, conselleira delegada da empresa danesa de defensa e aeroespacial Terma A/S, foi nomeada membro non executivo do consello de administración por un período de tres anos, en substitución de Feiyu Xu, cuxo mandato expirou este martes.

Oliver Zipse, presidente do consello de administración do grupo automobilístico BMW AG/AG, tamén foi nomeado membro non executivo.

Así mesmo, os accionistas aprobaron o pago proposto dun dividendo con cargo ao exercicio de 2025 de 3,20 euros por acción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade