A Volta Aérea á Península Ibérica fai escala no aérodromo de Monforte de Lemos
Pilotos e acompañantes de España, Portugal ou Francia van pasar tres xornada no aeródromo de As Lamas, un evento para compartir experiencias entro os pilotos
Comparten experiencias sobre a aviación e é unha oportunidade para mellorar as súas habilidades nas aeronaves lixeiras
Máis de 30 avións lixeiros, unhas 60 persoas entre pilotos e acompañantes, están xa sobrevoando o ceo galego. O aeródromo das Lamas, en Monforte de Lemos, é estes días o punto de engalaxe e aterraxe da trinta e dúas edición da Volta Aérea á Península Ibérica. Un evento deportivo en que participan pilotos de Portugal, Francia e Alemaña.
Coa listaxe das comprobacións rutineiras completada, chega o momento máis agardado. Os motores das aeronaves lixeiras cobran vida e en grupos de 4 ou 5 van elevándose polo ceo do val do Lemos.
A Volta Ibérica estrea tamén a recén renovada pista deste aeródromo monfortino das Lamas. Un evento para compartir a paixón pola a aviación, e oportunidade pra descubrir novos lugares vistos a uns 1.600 metros de altitude.