Publicador de contidos

Publicador de contidos

A XVIII edición do Critérium Aeronáutico Galicia engala no Aeródromo de Rozas

A XVIII edición do Critérium Aeronáutico Galicia engala no Aeródromo de Rozas

Trátase dun dos eventos do ano para os amantes da aviación

G24.gal 10/07/2026 14:18

Os amantes da aviación teñen unha cita no aeródromo de Rozas co xa tradicional Criterium Aeronáutico de Galicia. Un evento de tres días, ata o domingo, cunha axenda cargada de actividades.

"Calquera pode vir e dar un paseo nunha aeronave. Tamén temos os voos nos avións acrobáticos, simulador de balde, actividades para os nenos e exposicións de turbinas de avións, drons ou aeromodelos", comenta Fran Abelleira, presidente do Real Aeroclub de Lugo.

Os máis afortunados poderán incluso facer un voo de bautismo e iniciarse na aviación. Precisamente un dos obxectivos do evento é atraer os máis novos.

"Gustaríame moito dedicarme a isto, é un mundo moi bonito. Sempre temos o medo do que vai acontecer. Pasamos por Lugo e pola muralla e foi unha experiencia moi bonita", comenta dous rapaces despois do voo de bautismo.

Así que, xa saben, no aeródromo de Rozas teñen tres días cargados de emocións fortes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade