Publicador de contidos

Publicador de contidos

As pezas de moitos avións que voan por todo o mundo fabrícanse en Galicia

As pezas de moitos avións que voan por todo o mundo fabrícanse en Galicia

Prodúcense na empresa Delta de Vigo, que en dous anos vai triplicar a súa capacidade de fabricación

Alfonso Rueda compromete o apoio da Xunta ao sector aeroespacial

G24.gal 30/12/2025 14:42

Da factoría de Delta en Vigo saen os compoñentes de moitos avións, sobre todo para as ás e o tren de aterraxe. Delta exporta o 90 % do que fabrica, pero seguirá sendo 100 % galega.

"Precisamente todo o crecemento que estamos tendo vai na liña de poder manter a galeguidade", asegura Francisco Puga, presidente de Delta. 

Alfonso Rueda agradeceulle á empresa o seu compromiso con Galicia e comprometeuse a seguir apoiando o sector aeroespacial: "Para as empresas galegas, 200 millóns da Xunta para mobilizar como mínimo cinco veces máis. E que se saiba que as cousas que se fan aquí son igual de boas que as que se fabrican noutros sitios que levaban moitos anos dándonos leccións". 

Delta Vigo vai triplicar a súa capacidade de produción en dous anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade