Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha asociación de gardas civís alerta da perigosidade da N-540

Unha asociación de gardas civís alerta da perigosidade da N-540

Advirten que os incidentes derivados do mal estado do firme orxinan múltiples incidentes

A Asociación Independentes da Garda Civil súmase ás reclamacións dos usuarios para que se acometa a reforma integral do firme

G24.gal 26/02/2026 13:29

A Nacional 540 é unha estrada sobre a que pesan anos de reivindicacións dos usuarios para que se acometa a reforma integral do firme. Unhas queixas ás que se acaba de sumar a Asociación Profesional Independente da Garda Civil, que alerta da perigosidade que presenta esta vía polo estado da calzada. 

Nalgúns tramos da Nacional 540 a pericia ao volante é imprescindible para sortear as fochancas e non deixar unha roda no asfalto. 

"Frecuentes as picadas nas rodas, danos nas lamias e danos nas carrocerías ao salpicar pedras de grava miúda. Incrementáronse exponencialmente os avisos por este tipo de feitos", di Íñigo Rouco Vázquez, delegado da Asociación Independentes da Garda Civil.

Tamén, por desgraza, pode ter consecuencias moito máis graves. A dirección do vehículo pode sufrir unha desviación importante polo impacto cunha focha e saír o coche despedido.

Débese extremar a precaución. "Queda a dúbida moitas veces de se evitar a fochanca ou atravesala polo medio. O consello é minorar a velocidade, incrementar a distancia de seguridade. non invadir o sentido contrario e non facer manobras bruscas".

Os usuarios levan anos queixándose do mal estado da vía e reclamando unha renovación integral do firme, que nestes últimos anos só se acometeu nalgúns tramos. Na meirande parte da estrada vaise tirando con remendos, que de pouco serven con invernos chuviosos coma este. As fochancas volven ao seu.

"Pídese unha reforma integral da N-540, xa que é unha vía importante que une Lugo e Ourense. Leva mal varios anos, pero empeorou este inverno coa chuvia e require continuamente a nosa presenza".

Unha obra aprobada polo ministerio pero que non acaba de executarse. De momento, coa tregua das chuvias, estanse realizando traballos de rebacheado no treito de Calde, un dos que estaba máis deteriorado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade