Cargando resultados...
Colocan bonecos nas fochancas dunha vía para urxir a súa reparación
Os usuarios da estrada ao seu paso por Chantada aseguran que xa levan presentadas varias iniciativas
Denuncian publicamente que o estado desta pista provoca avarías nos seus coches
G24.gal
22/02/2026 21:14
Última actualización 22/02/2026 22:11
Fartos das fochancas na estrada, usuarios desta vía provincial de Chantada recorren ao humor para manifestar a situación na que está.
Demandan a reparación urxente da estrada, porque xa leva causados varios incidentes.
Séntense impotentes porque o problema vén de tempo atrás e non lle albiscan solución. Fochos, malestar e aínda así, humor.