Desátase a violencia en México tras ser abatido o lider do Cártel Jalisco Nova Xeración
A presidenta de México, Claudia Sheinbaum, chama á "calma" tras as violentas reacións en diferentes puntos do país
O lider do Cártel, Nemesio Oseguera, alias "O Mencho", era un dos criminais máis buscados por México e Estados Unidos
Cancelan voos internacionais en Puerto Vallarta tras a violencia desatada pola morte de "O Menchu"
O exército mexicano abateu hoxe ao lider do Cartel Jalisco Nova Xeración, un dos capos máis perigosos e buscados do mundo. Nemesio Oseguera, alias "O Mencho", foi abatido durante unha operación policial realizada ao sur de Guadalaxara, capital de Jalisco, ao oeste do país.
O despregamento do exército derivou en numerosos enfrontamentos armados na rexión, con bloqueos en estradas así como varios negocios e vehículos queimados en diversos estados de México. O narcotraficante era un dos delincuentes máis buscados polas autoridades do país e de Estados Unidos, que ofrecían unha forte recompensa pola súa captura.
A presidenta de México, Claudia Sheinbaum, chama á "calma" tras as violentas reacións en diferentes puntos do país
A presidenta de México, Claudia Sheinbaum, chamou este domingo á poboación para manterse "en calma", tras ser abatido Nemesio Rubén Oseguera Cervantes, alias O Mencho, líder do Cártel Jalisco Nova Xeración (CJNG), que derivou en diversos bloqueos de estradas e outras reaccións violentas no país.
Nunha mensaxe en redes sociais, a mandataria afirmou que existe "absoluta coordinación con gobernos de todos os estados" e asegurou que, a pesar dos bloqueos e manifestacións violentas, na "maior parte do territorio nacional" as actividades desenvólvense con "plena normalidade".
"Debemos manternos informados e en calma", subliñou a Sheinbaum.
La Secretaría de la Defensa Nacional reportó el operativo llevado a cabo esta mañana por fuerzas federales, que derivó en diversos bloqueos y otras reacciones.
— Claudia Sheinbaum Pardo (@Claudiashein) February 22, 2026
Existe absoluta coordinación con gobiernos de todos los estados; debemos mantenernos informados y en calma.
Las redes…
A mandataria indicou que a Secretaría da Defensa Nacional reportou o operativo realizado polo Exército e a Garda Nacional, o cal derivou en diversos bloqueos e outras reaccións, e sinalou que as redes oficiais do Gabinete de Seguridade informarán de maneira permanente sobre a situación.
Así mesmo, expresou o seu recoñecemento ao Exército, a Garda Nacional, as Forzas Armadas e ao Gabinete de Seguridade pola súa actuación.
Sheinbaum referiuse así ao operativo federal que culminou coa morte do Mencho, acción que contou con información complementaria proporcionada por autoridades estadounidenses, segundo informou a Defensa de México.
Oseguera Cervantes foi abatido durante un operativo en Tapalpa, 130 quilómetros ao sur de Guadalaxara, capital de Jalisco. Alias O Mencho, de 59 anos, era un dos criminais máis buscados por autoridades mexicanas e estadounidenses, cunha recompensa millonaria por información que conducise á súa captura.