Publicador de contidos

Publicador de contidos

Varios feridos nun accidente múltiple na A-52 á altura de Toén que provocou longas retencións nos dous sentidos

Varios feridos nun accidente múltiple na A-52 á altura de Toén que provocou longas retencións nos dous sentidos

O sinistro sucedeu no quilómetro 238 da autovía das Rías Baixas, en dirección Vigo

G24.gal 22/02/2026 21:25 Última actualización 22/02/2026 21:54

Varios feridos nun accidente de tráfico que se producía pouco antes das 8 da tarde no concello ourensán de Toén. O sinistro sucedeu no quilómetro 238 da autovía das Rías Baixas, en dirección Vigo.

Un dos vehículos implicados, unha furgoneta, envorcou no medio do carril dereito. O outro, un turismo, acabou na mediana.  0 112 confirmou que hai varias persoas feridas. Segundo informou a  DXT, o sinistro está a provocar retencións de dous quilómetros na autovía, desde Alongos ata Quenlle.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade