Un camión accidentado obriga a cortar a circulación na A-52 ao seu paso por Cualedro
A carga que transportaba o vehículo desprazouse e existía risco de envorco na vía
O risco de envorco dun camión obrigou a interromper a circulación no quilómetro 165,5 da A-52, ao seu paso polo municipio ourensán de Cualedro, en sentido Benavente.
A Garda Civil informou que o suceso tivo lugar ás 17:20 horas deste luns, cando se desprazou a carga que transportaba este vehículo (76 ferros de mármore) co risco de que envorcase cara ao único carril habilitado en sentido decrecente.
Ata o lugar do accidente acudiu unha patrulla da Garda Civil, que procedeu a realizar un corte de tráfico ás 19:55 horas para facilitar que a carga do vehículo fose distribuída de modo uniforme e evitar o envorco da mesma. O tráfico no punto foi desviado pola N-525.