As obras no viaduto da autoestrada Dozón-Ourense provocarán novos cortes de tráfico desde este luns
As obras comezan este luns ás 8 da mañá e duran ata o próximo venres á 1 da tarde
O corte na calzada dereita obriga a desviar o tráfico pola N-541
A partir deste luns 23 de marzo, as obras de mantemento do viaduto da A-52 provocan un novo corte de tráfico nesta vía por mor da segunda intervención na pila 1 do viaduto. Será necesario a interrupción da circulación na calzada dereita entre o ramal de Maside, na AG-54 e a autoestrada.
Isto vai obrigar a desviar o tráfico pola estrada N-541 con percorridos alternativos tanto desde Santiago como desde O Carballiño.
O corte está programado desde as 8:00 horas deste luns ata as 13:00 horas do próximo venres 27. Durante a execución das obras os condutores disporán de sinalización para circular polo itinerario alternativo.