Mobilizacións en apoio a Ucraína cando se van cumprir catro anos de guerra
Denunciaron o "roubo de nenos" e o "corte da subministración eléctrica" para someter a poboación
A guerra deixou 5,9 millóns de refuxiados ucraínos
Esta semana a guerra de Ucraína cumpre catro anos. O último informe de Nacións Unidas cifra en máis de 15.000 as vítimas mortais, entre as que hai 766 menores e 41.000 feridos. A guerra deixou 5,9 millóns de refuxiados.
Durante este domingo as mobilizacións en apoio a Ucraína repetíronse nas rúas de distintas cidades para pedirlle á comunidade internacional que non se silencie o conflito.
Os participantes nas protestas, moitos deles refuxiados ucraínos, denunciaron que os crimes de guerra por parte de Rusia non cesan. Insistiron en que os ataques ás infraestruturas enerxéticas deixan un dos invernos máis duros para a poboación que sobrevive no país.