Cargando resultados...
O Senado insta ao Goberno a reformar urxentemento o treito lucense da N-120
A moción foi presentada polo PP e contou co apoio do grupo Socialista
G24.gal
19/02/2026 20:44
O Senado insta o Goberno a emprender de xeito urxente unha reforma integral do treito lucense da estrada Nacional 120. A moción presentouna o Partido Popular e contou co voto a favor do Grupo Socialista.
Os populares alertaron do risco que supón para a seguridade viaria o mal estado da estrada e criticaron o Goberno por limitarse a parcheala.
Os socialistas admiten que houbo falta de investimento, pero aseguran que vén de moitos anos atrás.