Sumar e Compromís apoian a proposta de Rufián para unir a esquerda
O voceiro de ERC no Congreso aposta por unha candidatura de esquerdas por provincia
As formacións que se suman á proposta apuntan que hai que concretar como van facer para que só se presente unha candidatura por circunscrición
A proposta de Gabriel Rufián dunha candidatura única de esquerdas por provincia nas próximas eleccións xerais conta xa cos primeiros apoios. Joan Baldoví, portavoz de Compromís, di que "é o razoable, chegar aos mínimos acordos que todos compartimos".
Sumar apunta que toca afinar e ver como se concretaría ese repartimento de candidaturas. Mentres preparan o seu acto de refundación deste sábado, ao que non asistirá Yolanda Díaz, para que falen as formacións, pero dende a coalición defenden que terá un papel crucial. Lara Hernández, Coordinadora de Sumar, aposta por "explorar novas fórmulas de entendemento tamén coa esquerda plurinacional do país".
Os que xa advirten que se van presentar si ou si en todas as provincias de Cataluña son Esquerra Republicana, o partido de Rufián. O seu líder, con todo, mantén o apoio ao seu portavoz no Congreso. "Sempre o apoiei, non hai ningunha dubida sobre o meu apoio", subliña Oriol Junqueras.
O obxectivo é que cada partido conserve o seu ideario cun programa común. "De que serven 14 esquerdas no mesmo territorio compartindo por migallas?", preguntaba no acto deste mércores Rufián, portavoz de Esquerra no Congreso.
O Partido Popular considera que reflexa "o estado de agonía da esquerda tradicional española absorbida polo franquismo", segundo as palabras de Alberto Núñez Feijoo, presidente do PP.
Unha proposta que non conta co apoio nin de Bildu nin do BNG.