Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reaviva o debate sobre a reforma do Estatuto de Autonomía no 45 aniversario

Reaviva o debate sobre a reforma do Estatuto de Autonomía no 45 aniversario

O BNG di que é un "traxe estreito para este país"

O PSdeG cre necesario o traspaso de máis competencia

O PPdeG non descarta a reforma, pero celebra as "cotas de autogoberno alcanzadas"

45 anos do Estatuto de Autonomía de Galicia

 

Europa Press
G24.gal 06/04/2026 15:03

Galicia está hoxe de aniversario. Fai 45 anos o Estatuto de Autonomía, a norma que regula as institucións e recolle os servizos que presta a nosa comunidade. A data reabre o debate político sobre a necesidade de reformar o estatuto para asumir máis competencias.

Ao BNG nunca lle valeu este texto, e menos agora, co tempo que xa pasou. Un traxe, din, demasiado estreito.

"A nosa posición política é superar ese marco, que é estreito, que é un traxe que lle queda estreito a este país", di Olalla Rodil, do BNG.

Para os socialistas, ese traxe aínda podería dar máis de si se o Goberno galego exercese todas as competencias que ten.

"Moitas veces mellórase solicitando as propias competencias. A Xunta de Galicia nos últimos anos no pediu case ningunha competencia máis", asegura Lara Méndez, do PSdeG.

Os populares galegos non se pechan a unha reforma, pero prefiren destacar hoxe a etapa de estabilidade que se construíu a partir desde estatuto.

"A historia do Estatuto de Galicia é unha historia de éxito, hoxe temos o maior autogoberno da nosa historia, estamos alcanzando cotas que nin imaxinabamos", comenta Alberto Pazos, do PPdeG.

O último intento político de reforma do noso estatuto produciuse en 2007. Houbo conversas, pero non entendemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade