Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump podería tomar a decisión sobre atacar Irán "en dez días"

Trump podería tomar a decisión sobre atacar Irán "en dez días"

O presidente dos EUA mantén que quere chegar a un acordo sobre o programa nuclear de Teherán

Foto de familia da Xunta de Paz creada por Trump para resolver conflitos mundiais. Reuters. Foto de familia da Xunta de Paz creada por Trump para resolver conflitos mundiais. Reuters.
G24.gal 19/02/2026 17:24 Última actualización 19/02/2026 17:36

Donald Trump, dixo este xoves que podería tomar unha decisión sobre un posible ataque a Irán nos próximos dez días se ambos os países non chegan a un acordo sobre o programa nuclear de Teherán.

"Quizais teñamos que ir un paso máis aló, ou quizais non. Quizais cheguemos a un acordo. Saberano probablemente nos próximos dez días", afirmou.

O presidente dos Estados Unidos pronunciouse así durante un discurso na inauguración da primeira reunión da súa Xunta de Paz, creada polo propio Trump para resolver conflitos mundiais.

Trump anuncia que os EUA achegarán 10.000 millóns á Xunta de Paz

Donald Trump anunciou que o seu país achegará uns 10.000 millóns de dólares á Xunta de Paz.

"Quero que saiban que os EUA van facer unha contribución de 10.000 millóns de dólares á Xunta de Paz", dixo no seu discurso de apertura da primeira reunión do organismo, aínda que precisou que "esa cifra é moi pequena se se compara co custo da guerra" na Franxa.

O mandatario tamén informou que Kazajastán, Acerbaixán, Emiratos Árabes Unidos, Marrocos, Barhein, Qatar, Arabia Saudita, Uzbequistán e Kuwait contribuíron con máis de 7.000 millóns de dólares ao paquete de axuda que a Xunta prepara para Gaza.

"Moitos máis contribúen a estas cifras. Isto acaba de empezar. Esta é a nosa primeira reunión, pero cada dólar investido é un investimento en estabilidade e a esperanza dun futuro novo e harmonioso", resaltou Trump.

O estadounidense adiantou esta fin de semana que anunciaría compromisos de máis de 5.000 millóns de dólares da Xunta para a "os esforzos humanitarios e de reconstrución" da devastada Gaza tras o fin do conflito entre Israel e o grupo islamita palestino Hamas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade