Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece o reverendo Jesse Jackson, activista e dúas veces candidato presidencial nos EUA

Falece o reverendo Jesse Jackson, activista e dúas veces candidato presidencial nos EUA

O veterano activista, que liotou xunto a Martin Luther King polos dereitos dos afroamericanos, tiña 84 anos

Imaxe de arquivo de Jesse Jackson ( Ludovic Marin/Pool via REUTERS) Imaxe de arquivo de Jesse Jackson ( Ludovic Marin/Pool via REUTERS)
G24.gal 17/02/2026 11:06

O reverendo Jesse Jackson, veterano activista polos dereitos civís, ministro bautista e dúas veces candidato presidencial polo Partido Demócrata, faleceu este martes aos 84 anos, segundo informou a súa familia.

"O noso pai foi un líder servicial, non só para a nosa familia, senón tamén para os oprimidos, os que non teñen voz e os marxinados de todo o mundo", escribiu a familia de Jackson nun comunicado publicado no perfil do reverendo en Instagram.

"Compartímolo co mundo e, a cambio, o mundo converteuse en parte da nosa familia estendida. A súa inquebrantable crenza na xustiza, a igualdade e o amor inspirou a millóns de persoas, e pedímoslles que honren a súa memoria continuando a loita polos valores que el guiou", agrega a nota.

Jackson revelou que padecía Parkinson en 2017. Foi tratado como paciente ambulatorio en Northwestern Medicine en Chicago durante polo menos dous anos antes de compartir o diagnóstico co público.

A icónica figura do movemento en favor dos dereitos civís nos Estados Unidos, deixou oficialmente en 2023 a súa organización Rainbow PUSH Coalition, que fundou en 1971 en defensa deses dereitos e da xustiza internacional.

Jackson fundou Operation PUSH en 1971, tres anos despois do asasinato do seu compañeiro de activismo Martin Luther King en Memphis, que el presenciou.

En 1996, a súa organización pasou a chamarse Rainbow PUSH Coalition tras fusionarse con The National Rainbow Coalition. O grupo ten como misión protexer, defender e gañar dereitos civís e defínese como unha organización multirracial, multitemática, progresiva e internacional, que busca o cambio social.

Jackson, nacido en Greenville (Carolina do Sur) dunha nai solteira, en novembro de 2017 anunciou a súa enfermidade, e recoñeceu xa que vía cada vez máis difícil completar as súas actividades cotiás, que se converteron nun "reto".

Jackson foi hospitalizado en novembro para recibir tratamento por unha enfermidade neurodexenerativa rara e particularmente grave, a parálise supranuclear progresiva (PSP). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade