Un can impide o secuestro da sua dona en Valencia
Mordeu e fixo fuxir o home que entrara na casa e intentaba raptar a muller
A mordedura do can foi clave tamén para dar cun dos catro asaltantes agora detidos
Un can é o protagonista dunha historia ocorrida o 30 de outubro do ano pasado na localidade valenciana de Polinyá de Xúquer. A Garda Civil fai públicas agora as imaxes do suceso tras a detención dos presuntos artífices da historia.
Os catro detidos son tres mozos valencianos que concertaron con outro home de orixe ucraína o secuestro dunha moza deste lugar, suponse que para pedir un rescate. Pero non contaban con que ían ter un serio contratempo para o seu propósito, segundo conta María Escudero, a voveira da Garda Civil en Valencia.
A vítima denunciou que sentíu ruídos na porta do seu domicilio e cando foi abrir recibiu un forte empurrón e tras o forcexo o detido recibiu unha mordedura dun dos seus cans
A morderura puxo en fuga o asaltante e os berros da muller alertaron os veciños, que conseguiron tomar nota da matrícula do coche no que fuxiron. Había un BMW e saíron de aí a toda pastilla, confirma un dos veciños que acudiron.
O coche de alugueiro apareceu queimado pouco despois e foi a primeira pista para a longa investigación que acabou cercando tres dos criminais. Para dar co cuarto foi decisiva a pegada que lle deixou o can.
Foi localizado grazas a mordedura do can e o cerco do centro de saúde no que recibiu os coidados.
Coa inestimable colaboración do can e as imaxes gravadas polas cámaras da zona, a Garda Civil puido por fin atar todos os cabos desta historia criminal.
As secuelas da mordedura do can, dunha raza semellante á deste, foron claves para dar co asaltante