Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta achega 12 millóns de euros para construir a rolda sur-oeste de Ordes

A Xunta achega 12 millóns de euros para construir a rolda sur-oeste de Ordes

A nova circunvalación, que eliminará o tráfico pesado do centro da vila, contempla a construción dunha senda peonil

Cunha lonxitude aproximada de dous quilómetros, permitirá mellorar os accesos ao IES Maruxa Mallo

Acto de presentación do proxecto da nova circunvalación de Ordes Acto de presentación do proxecto da nova circunvalación de Ordes
G24.gal 23/02/2026 20:17

A Xunta de Galicia investirá 12 millóns de euros na rolda sur-oeste de Ordes para reducir o tráfico pesado que circula polo centro da vila. 

A circunvalación, cunha lonxitude aproximada de dous quilómetros, permitirá mellorar os accesos ao IES Maruxa Mallo, ao tanatorio ou ao punto limpo. O proxecto prevé tamén a construción dunha senda peonil e ciclista co obxectivo de fomentar unha mobilidade máis sostible e segura na zona

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Allegue, visitou este luns a localidade para informar do avance na tramitación desta infraestrutura, da que destacou que se trata dun proxecto no que o departamento que dirixe leva tempo traballando co estudo de alternativas de trazado e de avaliación ambiental.

Aberto ata o 23 de marzo o prazo para presentar alegacións 

O Consello da Xunta deu luz verde o pasado 26 de xaneiro a aprobación provisional da rolda e desde o 9 de febreiro está sometido a información pública. Ata o vindeiro 23 de marzo estará aberto o prazo para presentar alegacións

A nova circunvalación de Ordes parte da estrada N-550, onde o Ministerio de Transportes prevé a execución dunha rotonda, e rematará na vía autonómica AC-413. A conselleira María Allegue salientou que esta actuación responde o compromiso da Xunta de "seguir vertebrando Galicia a través das infraestruturas, investindo, conservando e mellorando cada ano a rede viaria autonómica".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade