Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cortan ao tráfico unha rúa de Nigrán por mor dunha fochanca

Cortan ao tráfico unha rúa de Nigrán por mor dunha fochanca

Os operarios municipais xa traballan no lugar para reabrir a rúa á circulación cando sexa segura

G24.gal 26/02/2026 13:38

Non é a primeira vez que se produce un afundimento na rúa Reverendo José María Pérez de Nigrán, pero a última fochanca que se abriu alí foi moito máis grande e converteuse nun risco evidente para condutores e peóns. 

A acumulación de auga por mor dos temporais parece estar detrás do afundimento do asfalto e ademais dáse a circunstancia de que a vía está construída sobre un regato.

Os operarios xa traballan para reforzar a súa canalización e repoñer o asfalto aínda que as tarefas non son doadas.

Mentres duren as obras a rúa permanerá pechada ao tráfico e os veciños deben usar outras alternativas. A intención do Concello é reabrila en canto sexa seguro circular por ela. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade