Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha aldea do Incio na que viven catro veciños loce unha iluminación de Nadal feita por eles mesmos

Unha aldea do Incio na que viven catro veciños loce unha iluminación de Nadal feita por eles mesmos

Levan traballando desde outubro facendo casas e elementos decorativos con materiais reciclados e colocando case medio quilómetro de luces

G24.gal 03/12/2025 21:24 Última actualización 03/12/2025 21:41

Cando o sol se oculta, as luces deste pequeno núcleo do Incio acaparan todo o protagonismo. A esta montaxe non lle falta de nada, ten desde a árbore decorada ata un pobo de Nadal.

Carralcova é unha aldea da parroquia de Hospital, pero os residentes implicáronse desde o primeiro día en montar esta iluminación.

José, que chegou hai cinco anos ao pobo, foi o promotor da iniciativa, que contou co bo acollemento por parte dos residentes. Defínese como fan das festas do Nadal e foi quen de transmitir esa atracción aos seus veciños.

Agora, coa ilusión deste proxecto levado a cabo entre todos xa están pensando na seguinte iniciativa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade