Vigo apaga as luces do Nadal tras case dous meses acendidas
Deixaron de brillar a árbore xigante da Porta do Sol e as 12 millóns de luces repartidas por máis de 400 rúas da cidade
As luces do Nadal de Vigo apagáronse definitivamente ás 19:30 deste domingo. A chuvia non atemorizou aos asistentes que non quixeron perder esta despedida.
A árbore xigante da Porta do Sol xunto aos 12 millóns de luces repartidos por máis de 400 rúas da cidade olívica deixaron de brillar.
Foi o pasado 15 de novembro cando se acenderon . Desde entón pasaron practicamente dous meses enteiros. Un tempo no que milleiros de persoas se achegaron á cidade olívica para gozar dun espectáculo que cada ano atrae a máis curiosos.
Este domingo tamén pecharon atraccións tan exitosas como a nora xigante.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, pulsou o botón que apagou o Nadal e a súa mensaxe foi que nestes momentos difíciles que vive o mundo é moi necesario "unha mensaxe de paz e amizade".