Publicador de contidos

Publicador de contidos

Taxistas de Vigo recollen os maiores das residencias para que poidan ver as luces do Nadal

Taxistas de Vigo recollen os maiores das residencias para que poidan ver as luces do Nadal

Desde hai oito anos celébrase esta iniciativa que permite aos participantes saír da súa rutina 

A visita produciuse antes de que este domingo Vigo apague as súas luces de Nadal

G24.gal 10/01/2026 17:41 Última actualización 10/01/2026 18:03

En Vigo os maiores que viven en residencias non quedaron sen a súa tradicional visita ás luces de Nadal. Os taxistas que participan nesta iniciativa recolléronos nos seus centros e trasladáronos ata o centro da cidade.

Unha actividade que lles permite a estes maiores saír da rutina e participar do lecer da súa contorna.

Como veñen facendo dende hai oito anos, os taxistas vigueses recolleron os maiores nas residencias onde viven habitualmente.

"Facemos un acto de solidariedade.Traémolos ata a Porta do Sol, onde está a árbore e os distintos adornos e despois levámolos de volta ata as súas residencias." conta Víctor García, taxista de Vigo.  

Estaba previsto que fose en decembro, pero o mal tempo obrigou a suspender unha visita que desta vez non parou nin a chuvia.

"Saír da súa rutina diaria, poder prepararse, de estar días pensando en que roupa se van poñer, se van ao salón de peiteado, que se vou ver as luces...a verdade é que é un día moi ilusionante para eles", di  Nerea Gómez Cameselle, terapeuta ocupacional de Doral Residencias. 

O domingo remata oficialmente o Nadal vigués, porén as luces non podían apagarse sen recibir estes maiores que contaxian ilusión 


 


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade