Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arden en Pontevedra catro coches que agardaban o despezamento

Arden en Pontevedra catro coches que agardaban o despezamento

Os coches estaban almacenados na antiga parcela de Fenosa

O Concello prevé instalar nesa propiedade a futura sede Emerxencias

G24.gal 11/07/2025 14:14

Un vehículo ardeu e o lume alcanzou outros tres nunha parcela que o Concello de Pontevedra usa como espazo de almacenamento dos coches que agardan ser despezados, a carón do depósito municipal. Avisaron os bombeiros pouco despois das nove da noite e as lapas quedaron sufocadas contra as dez. 

A parcela linda co cemiterio de Santo Amaro, e precisamente fronte á entrada dos vehículos fúnebres hai un buraco polo que se poden coar persoas na propiedade. A enorme cantidade de maleza impide ver gran parte do interior da parcela. Os que viven máis preto perciben movemento nesta contorna. 

Esta propiedade ten cinco naves que eran de Fenosa, catro de uso industrial e unha de oficinas. Agora, o Concello de Pontevedra planifica trasladar aquí a futura sede de Emerxencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade