Publicador de contidos

Publicador de contidos

Avanza a demolición de parte do edificio que ardeu este martes

Avanza a demolición de parte do edificio que ardeu este martes

Operarios traballan na retirada das partes inestables do inmoble para poder reabrir a céntrica rúa en condicións de seguridade

Dous operarios traballaban este xoves na cima do edificio sinistrado na rúa Riestra de Pontevedra o martes de madrugada
G24.gal 10/07/2025 14:16

No terceiro día tras o incendio do edificio número catro, a rúa Riestra de Pontevedra segue parcialmente pechada ao tránsito, con 8 residentes realoxados e tres negocios pechados. Mentres, unha empresa de demolición retira a parte construtiva en risco de desprenderse.

"Chamounos o Concello para retirar o parapeto que está na fachada, que estaba un pouco derrubado. Xa están a facer ese traballo e despois acabaremos de quitar a cuberta de chapa, que quedou moi danada e en perigo de que voe ou se derrube, e acabar de retirar o que quedou a medio queimar da cuberta e da estrutura de madeira, unha cheminea e demais elementos danados que poden acabar de caer e desprenderse da fachada", explica Lucía Rodríguez, Voceira de Demoliciones Resigal.

Os comerciantes da rúa están a sufrir prexuízo polo corte desta e tres deles viven coa preocupación dun futuro incerto; son os instalados no edificio sinistrado.

"Ata que pasen uns días, non sei cantos, non nos dixeron cando. O que si que sabemos é que a min o lume non me afectou. Creo que foi a auga para apagalo e que quedou todo estragado e non creo que poida recuperar nada. A actividade nese local vou ter que pechala", di Milagros Molero, comerciante damnificada polo incendio.

A responsable da demolición considera que os traballos para poder reabrir a rúa con seguridade poderían levar ata tres días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade