Publicador de contidos

Publicador de contidos

Como funcionan as pulseiras de protección das vítimas de violencia machista?

Como funcionan as pulseiras de protección das vítimas de violencia machista?

Colócanse por orde xudicial nalgúns casos de orde de afastamento

As organizacións que traballan coas vítimas denuncias fallos habituais

G24.gal 19/09/2025 14:26

A pulseira colócase no nocello do agresor por orde xudicial. A vítima leva un aparello semellante a un teléfono móbil. A xeolocalización dos dispositivos permite activar unha alerta se se infrinxe a orde de afastamento.

Vanesa Oulego, representante do Sindicato Unificado de Policía en Vigo explica que "o centro Cometa avisa á Policía Nacional e actuamos para asegurarnos de verificar como está a vítima".

As organizacións que traballan coas vítimas da violencia machista sinalan que estes dispositivos non son unha garantía e denuncian fallos habituais. Rosa Fontaíña, presidenta da Rede Veciñal contra os malos tratos, lembra que "cando os homes se metían en zonas sen cobertura, non coñezo que se tomasen medidas. Todos sabemos que as pulseiras fallaban. Non avanzamos nada"

Os fallos na xeolocalización tamén poden afectar ás denuncias e posibles condenas por quebrantamento de orde de afastamento. O director xeral de loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, explica que son dous fallos: "É o fallo na xeolocalización do agresor e a localización conxelada. Non sabemos onde está o agresor". 

Dende os sindicatos policiais reclaman máis medios e formación para atender as vítimas. En España, hai máis de 4.500 pulseiras activas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade