ÚLTIMA HORA
O incendio dun autobús na localidade suíza de Friburgo deixa seis mortos
O sinistro provocou catro feridos
As forzas da orde sinalaron que se está seguindo a pista dun "acto deliberado"

Seis persoas resultaron mortas e catro feridas ao incendiarse un autobús dos coñecidos en Suíza como 'postais', na localidade de Chiètres, no cantón suízo de Friburgo, informou a policía local nunha breve conferencia de prensa.
Ademais, un socorrista resultou ferido mentres cumpría coa súa misión, mentres que tres dos feridos se atopan nun estado grave, indicou.
As forzas da orde sinalaron que se está seguindo a pista dun "acto deliberado", aínda que recalcaron que a investigación acaba de comezar e que non tiñan máis detalles que ofrecer.
Imaxes filmadas por transeúntes e veciños mostran como as lapas envolveron completamente o vehículo de transporte público.
Os autobuses postais suízos -recoñecidos pola súa cor amarela, a súa puntualidade e a súa bucina de tres tons son un servizo de transporte icónico neste país, que conecta localidades rurais e de montaña, moitas veces remotas, e inicialmente creáronse para repartir o correo, de aí o seu nome.